Radio Arzúa

Cómo llegar

Radio Arzúa Radio Municipal do Concello de Arzúa

Marcos Pampín levaranos hoxe de excursión ás Termas do Prexigueiro en Ribadavia. Tamén fará un percorrido por todos os m...
30/10/2026

Marcos Pampín levaranos hoxe de excursión ás Termas do Prexigueiro en Ribadavia. Tamén fará un percorrido por todos os magostos que se celebrarán esta fin de semana en Arzúa e contorna.

A normalizadora do Concello de Arzúa, Laura Gil falaranos hoxe do magosto e os ritos de defuntos na tradición popular ga...
30/10/2026

A normalizadora do Concello de Arzúa, Laura Gil falaranos hoxe do magosto e os ritos de defuntos na tradición popular galega. Será despois do boletín informativo das 11.00h

O 30 de outubro de 1987, George Michael publicaba o seu primeiro e icónico traballo en solitario chamado "Faith". Un dis...
30/10/2026

O 30 de outubro de 1987, George Michael publicaba o seu primeiro e icónico traballo en solitario chamado "Faith". Un disco do que se venderon máis de 20 millóns de copias en todo o mundo e que deixou éxitos como "I Want Your S*x", "Monkey", "Father Figure", "Kissing a Fool" ou o tema que daba título ao disco este "Faith" co cal abrimos hoxe as nosas Mmañanciñas de Radio Arzúa.

George Michael - Faith (Official Video)Stream and download here: ...

Mañá en Arzúa en Xogo recibiremos a visita de Arón Ayude da Escola Ayude de Arzúa. Arón ven de hacerse coa medalla de pr...
29/10/2026

Mañá en Arzúa en Xogo recibiremos a visita de Arón Ayude da Escola Ayude de Arzúa. Arón ven de hacerse coa medalla de prata para España no Campionato de Europa de Muay Thai celebrado recentemente en París.

O alcalde de Arzúa tomou a palabra na concentración celebrada diante da Casa do Concello para trasladar a súa solidaried...
29/10/2026

O alcalde de Arzúa tomou a palabra na concentración celebrada diante da Casa do Concello para trasladar a súa solidariedade ás vítimas do accidente ferroviario de Toledo e ás súas familias, así como para reclamar que non volvan producirse sucesos deste tipo.

No acto participou un grupo de veciños e veciñas de Arzúa, xunto con funcionarios municipais, nunha mostra de apoio e lembranza ás persoas afectadas pola traxedia.

Un colectivo de EFA Piñeiral visitounos hoxe para falarnos do proxecto «Escolas rurais comprometidas coa construción dun...
29/10/2026

Un colectivo de EFA Piñeiral visitounos hoxe para falarnos do proxecto «Escolas rurais comprometidas coa construción dunha cidadanía global», unha iniciativa que promove entre o alumnado valores como os dereitos humanos, a xustiza social e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). 🌍

O 29 de outubro de 1965, os Beatles rematan de gravar o mítico tema "We Can Work It Out". Hoxe abrimos as nosas mañanciñ...
29/10/2026

O 29 de outubro de 1965, os Beatles rematan de gravar o mítico tema "We Can Work It Out". Hoxe abrimos as nosas mañanciñas con este clásico da música.

The Beatles performing “We Can Work It Out.”Anthology Collection ...

Estamos xa ás portas do fin de semana do 1 de novembro, esa fin de semana na que tradicionalmente honramos aos nosos def...
28/10/2026

Estamos xa ás portas do fin de semana do 1 de novembro, esa fin de semana na que tradicionalmente honramos aos nosos defuntos, limpamos os nichos, comemos castañas e lembramos aos que xa non están. Pero hoxe non vimos falar das tradicións doces nin das recordanzas amables. Hoxe imos viaxar ao lado máis escuro, visceral e inquedo desa fronteira entre a vida e a morte. E para iso contamos como cada semana co noso colaborador e historiador, Fernando Suárez Golán.

A EFA Piñeiral de Arzúa participa no proxecto «Escolas rurais comprometidas coa construción dunha cidadanía global». A i...
28/10/2026

A EFA Piñeiral de Arzúa participa no proxecto «Escolas rurais comprometidas coa construción dunha cidadanía global». A iniciativa está impulsada pola Fundación Promoción Social e a Fundación FABRE e abrangue centros educativos de Galicia, Aragón e a Comunidade Valenciana. O alumnado traballa sobre os dereitos humanos, a xustiza social e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). O centro arzuán conta cun grupo motor de estudantes que investiga proxectos de cooperación en Palestina, Etiopía, Guatemala e Bolivia. Os resultados deste traballo presentaranse nunha exposición temática en novembro. Ademais, o alumnado participa en obradoiros de sensibilización. O profesorado recibiu formación específica sobre cidadanía global e sustentabilidade. O proxecto inclúe tamén actividades prácticas na comunidade, como iniciativas de aprendizaxe-servizo e accións de coidado ambiental. Deste xeito, a EFA Piñeiral reforza o seu compromiso coa educación en valores e coa construción dunha sociedade máis xusta e sostible. Mañá falaremos con xente que paricipou neste programa.

Grupo de arzuáns concentrados esta tarde diante do Concello de Arzúa para expresar o seu pesar e render homenaxe ás víti...
28/10/2026

Grupo de arzuáns concentrados esta tarde diante do Concello de Arzúa para expresar o seu pesar e render homenaxe ás vítimas do accidente ferroviario en Toledo, sumándose á convocatoria da FEGAMP e da Federación Española de Municipios e Provincias.

O Concello de Arzúa convoca para mañá, xoves, ás 12.00 horas, unha nova concentración tamén diante da Casa do Concello para lembrar as vítimas e amosar a solidariedade coas súas familias.

Dirección

Rúa Pai Pardo, 33/1º Piso
Arzúa
15810

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Radio Arzúa publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos


Otros servicios gubernamentales en Arzúa

Ver Todo