Concello de Val do Dubra

Llamar Página web

Concello de Val do Dubra Conta oficial de Facebook do Concello de Val do Dubra

O Concello de Val do Dubra adquire unha parcela xunto á igrexa de Bembibre para crear un espazo de aparcadoiro e uso púb...
30/10/2026

O Concello de Val do Dubra adquire unha parcela xunto á igrexa de Bembibre para crear un espazo de aparcadoiro e uso público 🅿️

O Concello adquiriu a ABANCA unha parcela situada xunto á igrexa de Bembibre por 32.500 euros, co obxectivo de mellorar a accesibilidade e facilitar o estacionamento na contorna.

Trátase dun espazo estratéxico, próximo a moitos dos servizos: a Escola Infantil, o Auditorio, o Centro de Día, o Centro de Formación, o CPI de Bembibre e a Igrexa.

O Concello de Val do Dubra xa está traballando no proxecto de obras para acondicionar a parcela, coa previsión de executar os traballos nos próximos meses.

Seguimos mellorando e creando espazos públicos e os servizos para dar resposta ás necesidades da veciñanza.

Pleno extraordinario ℹ️🗓️ Luns, 2 de novembro de 2026🕘 09.00 horas📍Salón de Sesións Casa do ConcelloCoa seguinte ORDE DO...
30/10/2026

Pleno extraordinario ℹ️

🗓️ Luns, 2 de novembro de 2026
🕘 09.00 horas
📍Salón de Sesións Casa do Concello

Coa seguinte ORDE DO DÍA:

1.- 2026/G010/000007. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA ÚLTIMA SESIÓN, DE DATA 17/09/2026.

2.- 2026/X999/000162. SORTEO MEMBROS MESAS DAS ELECCIÓNS XERAIS DO 29 DE NOVEMBRO DE 2026.

3.- 2026/A008/000026. RATIFICACIÓN DA APROBACIÓN DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL (PLAN ÚNICO DE CONCELLOS) POS+ADICIONAL 4/2026 PARA GASTO CORRENTE, REDUCIÓN DA DÉBEDA DOS CONCELLOS COA DEPUTACIÓN OU INVESTIMENTOS FINANCEIRAMENTE SOSTIBLES, 1ª FASE.

🖤 Minuto de silencio en memoria das vítimas do accidente de trens en Urda, Toledo. O Concello de Val do Dubra gardou hox...
29/10/2026

🖤 Minuto de silencio en memoria das vítimas do accidente de trens en Urda, Toledo.

O Concello de Val do Dubra gardou hoxe, 29 de outubro, un minuto de silencio diante da Casa do Concello, sumándose á convocatoria da FEGAMP e da FEMP.

Este acto simbólico foi unha mostra de apoio e respecto ás vítimas do accidente ferroviario de Toledo, así como de solidariedade con todas as persoas afectadas e coas súas familias.

Grazas a todas as persoas que participaron neste xesto colectivo de respecto, lembranza e solidariedade.

CONVOCATORIA DUN MINUTO DE SILENCIO 🖤O Concello de Val do Dubra súmase á convocatoria da FEGAMP e da FEMP e convoca a to...
28/10/2026

CONVOCATORIA DUN MINUTO DE SILENCIO 🖤

O Concello de Val do Dubra súmase á convocatoria da FEGAMP e da FEMP e convoca a toda a veciñanza a gardar un minuto de silencio mañá, 29 de outubro de 2026, ás 13:00 horas, diante da Casa do Concello.

Este acto simbólico quere ser unha mostra de apoio e respecto ás vítimas dos trens de Toledo, así como de solidariedade con todas as persoas afectadas e coas súas familias.

Convidamos a toda a veciñanza a participar neste xesto colectivo de respecto, lembranza e solidariedade.

🎓 Entrega de diplomas do curso de introdución á lingua e á cultura galegaO alcalde de Val do Dubra, Diego Luis Díaz, e a...
22/10/2026

🎓 Entrega de diplomas do curso de introdución á lingua e á cultura galega

O alcalde de Val do Dubra, Diego Luis Díaz, e a técnica de Normalización Lingüística fixeron entrega dos diplomas ás dez persoas participantes nesta primeira edición do curso, procedentes de Venezuela e de Brasil.

O alumnado achegouse á lingua galega, ás expresións do día a día e tamén á nosa historia, cultura, tradicións, festas, gastronomía e música.

Unha iniciativa gratuíta, desenvolvida en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, que busca facilitar a integración das persoas procedentes do exterior e fomentar o uso do galego na vida cotiá.

👏 Parabéns a todas as persoas participantes por este paso para coñecer, compartir e sentirse parte de Galicia!

Chega a 3.ª edición da VELADA MUSICAL VIRTUOSI VIOLINI 🎻 no marco do Outono Cultural🍂Este sábado 24 de outubro, ás 19:30...
21/10/2026

Chega a 3.ª edición da VELADA MUSICAL VIRTUOSI VIOLINI 🎻 no marco do Outono Cultural🍂

Este sábado 24 de outubro, ás 19:30 h, o Auditorio Municipal de Val do Dubra encherase de música, emoción e talento cunha nova edición desta velada musical tan especial ✨

Un encontro co virtuosismo do violín, protagonizado por talentosos intérpretes e acompañado ao piano por Damián Hernández e Javier López Jorge.

Esta edición será tamén unha homenaxe in memoriam a Celsa Oreiro, Checha, nunha velada dedicada á música, á lembranza e á emoción compartida ❤️🎶

📍 Auditorio Municipal de Val do Dubra
📅 24 de outubro
🕢 19:30 h

Unha cita para g***r da música en directo e deixarse levar pola maxia do violín nunha atmosfera chea de sensibilidade e beleza!

Agardámoste!

👷‍♀️ Obradoiro Dual de Emprego Valora 2026Negreira acolleu o pasado venres, 16 de outubro, a presentación do Obradoiro D...
20/10/2026

👷‍♀️ Obradoiro Dual de Emprego Valora 2026

Negreira acolleu o pasado venres, 16 de outubro, a presentación do Obradoiro Dual de Emprego Valora 2026, unha iniciativa na que participa o Concello de Val do Dubra xunto cos concellos de Negreira, A Baña e Santa Comba e a Xunta de Galicia.

Ao acto asistiron o alcalde de Val do Dubra, Diego Luis Díaz, e o primeiro tenente de alcalde, Antonio Negreira.

O obradoiro desenvolverase ao longo de nove meses e permitirá formar 20 persoas como alumnado traballador, das cales 5 serán veciñas de Val do Dubra, ao tempo que se realizarán diferentes actuacións de mellora e acondicionamento nos municipios participantes.

🌿 Esta iniciativa combina formación e emprego, ofrecendo novas oportunidades laborais e contribuíndo á mellora dos espazos públicos dos nosos concellos.

🎨💟 AUTOESTIMARTE 2026 | Obradoiros de autoestima e creatividadeEste novembro, regalámonos un espazo para coidarnos, expr...
19/10/2026

🎨💟 AUTOESTIMARTE 2026 | Obradoiros de autoestima e creatividade

Este novembro, regalámonos un espazo para coidarnos, expresarnos e conectar coas nosas emocións a través da creatividade✨

O Concello de Val do Dubra organiza tres obradoiros para explorar o noso mundo interior, fortalecer a autoestima e descubrir novas formas de expresión.

🌸 6 de novembro — EMOCIONARTE
🧘 13 de novembro — CALMARTE
🎨 20 de novembro — EXPRESARTE

📍 Centro de Formación de Val do Dubra
🕡 Ás 18:30 h

📝 Inscricións ata o 3 de novembro en [email protected].

Podes inscribirte nun obradoiro individual ou participar nos tres. Hai 25 prazas por sesión, así que non quedes sen a túa!

Unha oportunidade para dedicarnos tempo, descubrir o noso potencial e facer da creatividade unha ferramenta de benestar.

💜 Esta fin de semana, o Concello de Val do Dubra iluminarase de cor morada para dar visibilidade ao síndrome de Rett e a...
16/10/2026

💜 Esta fin de semana, o Concello de Val do Dubra iluminarase de cor morada para dar visibilidade ao síndrome de Rett e amosar o noso apoio ás persoas e familias que conviven con dito síndrome 💜

🛍️ A Deputación da Coruña abre o prazo de adhesión de comercios ao programa MercaNaVila.Prazo de adhesión ata ao 20 de o...
16/10/2026

🛍️ A Deputación da Coruña abre o prazo de adhesión de comercios ao programa MercaNaVila.

Prazo de adhesión ata ao 20 de outubro ás 9.00 h

💶 A segunda edición conta cun orzamento de 5 millóns de euros e ofrecerá bonos desconto de 100 euros para incentivar as compras no comercio local.

ℹ️ https://www.dacoruna.gal/novas/ficha-noticia-reducida?id_evento=28363

Dirección

Rua Arcai, 41
Bembibre
15873

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Val do Dubra publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría

Servicios Gubernamentales cercanos