Biblioteca Intercentros de Lugo

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Biblioteca Intercentros de Lugo HORARIO HABITUAL
Luns a venres:
De 8:30 a 21:30 h. Fins de semana e festivos:
De 10:00 a 19:30 h.

30/10/2026

Chegou o outono e con el: O Samaín! Ven con castañas e fresquiño pero... non con festivos 😭Porén, aquí seguimos na BUSC ao voso servizo!

O alumnado de Psicoloxía da Educación, coa colaboración da 𝐁𝐢𝐛𝐥𝐢𝐨𝐭𝐞𝐜𝐚 𝐝𝐚 𝐅𝐚𝐜𝐮𝐥𝐭𝐚𝐝𝐞 𝐝𝐞 𝐅𝐨𝐫𝐦𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐝𝐨 𝐏𝐫𝐨𝐟𝐞𝐬𝐨𝐫𝐚𝐝𝐨, particip...
23/10/2026

O alumnado de Psicoloxía da Educación, coa colaboración da 𝐁𝐢𝐛𝐥𝐢𝐨𝐭𝐞𝐜𝐚 𝐝𝐚 𝐅𝐚𝐜𝐮𝐥𝐭𝐚𝐝𝐞 𝐝𝐞 𝐅𝐨𝐫𝐦𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐝𝐨 𝐏𝐫𝐨𝐟𝐞𝐬𝐨𝐫𝐚𝐝𝐨, participou na actividade "𝗕𝗶𝗯𝗹𝗶𝗼𝘁𝗲𝗰𝗮𝘀 𝗛𝘂𝗺𝗮𝗻𝗮𝘀", na que distintos "libros" (persoas especialistas en distintas materias) conversaron sobre acoso e ciberacoso, cambios educativos, saúde mental, delincuencia infantoxuvenil, discapacidade, diversidade e integración. O obxectivo desta actividade é que os futuros mestres e mestras tomen conciencia do seu papel como motor da transformación social, así como coñecer de primeira man as distintas realidades que podemos atopar nas aulas. Cal é o papel da biblioteca? Pois ademais de ser anfitrioa e espazo de reflexión e análise crítico, proporciona os materiais para a segunda parte da actividade que se desenvolverá en novembro e que tentará responder á pregunta seguinte: como son os contidos desta biblioteca con respecto a diversidade, saúde mental, acoso..etc? (Seguiremos informando) 🧐

Formarnos para dar o mellor soporte 📚🔍Os pasados 14 e 15 de outubro reunímonos na Biblioteca Concepción Arenal para part...
22/10/2026

Formarnos para dar o mellor soporte 📚🔍

Os pasados 14 e 15 de outubro reunímonos na Biblioteca Concepción Arenal para participar na formación interna «O soporte ao PDI na elaboración de sexenios e da acreditación docente», impartida polas nosas compañeiras Lucía Cabezal, María José Quiroga e María Luisa Iglesias da biblioteca de Psicoloxía.

Detrás de cada consulta, guía ou trámite hai un equipo que actualiza constantemente os seus coñecementos. O noso compromiso coa comunidade universitaria é claro: continuar aprendendo día a día para informar, formar e ofrecer o apoio máis sólido e eficaz á investigación e á docencia.

Grazas ás formadoras polo seu traballo e xenerosidade compartindo a súa experiencia. ✨

21/10/2026

🔓A ciencia e a cultura teñen que ser libres! Hoxe sumámonos á Semana do Acceso Aberto. Porque o coñecemento non debería ter barreiras nin prezos.

📝 Preparas o teu primeiro artigo científico? Queres coñecer mellor o proceso de publicación académica?Cambridge Universi...
20/10/2026

📝 Preparas o teu primeiro artigo científico? Queres coñecer mellor o proceso de publicación académica?

Cambridge University Press organiza unha serie de catro sesións formativas dirixidas a persoal investigador en etapas iniciais da carreira e a futuras persoas autoras.

Ao longo do ciclo abordaranse cuestións clave como a publicación en revistas científicas, a selección da revista axeitada para o manuscrito, os motivos máis habituais de rexeitamento ou como identificar prácticas editoriais enganosas.

📅 21 e 28 de outubro, 4 e 11 de novembro de 2026
🕔 17:00 h
🌐 Sesións en inglés con subtítulos e materiais de apoio en español
📌 Inscrición previa

🔗 Integra ScienceDirect e Mendeley e optimiza a túa xestión de referenciasTraballas con artigos científicos e bibliograf...
16/10/2026

🔗 Integra ScienceDirect e Mendeley e optimiza a túa xestión de referencias

Traballas con artigos científicos e bibliografía? Aprende a conectar ScienceDirect con Mendeley para aforrar tempo e organizar mellor as túas referencias.

Durante esta sesión práctica verás como:
✅ Gardar citas directamente desde ScienceDirect en Mendeley
✅ Exportar e organizar referencias bibliográficas
✅ Xestionar anotacións e bibliotecas persoais
✅ Simplificar a redacción de traballos académicos co complemento de Mendeley
📅 Consulta a información completa e inscríbete!

Máis información en https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria/eventos/integracion-sciencedirect-mendeley-optimiza-xestion-referencias

15/10/2026

🧐Que facer cando non podes acceder dende a Biblioteca aos artigos que che interesan? Descubre o servizo de Préstamo Interbibliotecario e Fotodocumentación


13/10/2026

🧐Ata o 26 de outubro está aberta a matrícula do Curso de Competencias en Información para a Investigación: Nivel experto, dirixido ao estudantado da EDIUS

09/10/2026

🏄🏾‍♂️Queres surfear a onda que vén? Inscríbete no micro-curso de eLibro sobre o uso da IA na investigación: Do Prompt ao bucle.

Consulta a axenda na páxina web da BUSC para máis información.

08/10/2026

🧐Cambios! RefWorks agora chámase EndNote Fusion.
Tódalas funcións clásicas e moitas novidades, que poderedes descubrir no Webinario sobre EndNote Fusion do 20 de outubro de 2026, de 15:00 a 15:45.

Dirección

Rúa Bernardino Pardo Ouro, S/n
Lugo
27002

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 21:00
Martes 09:00 - 21:00
Miércoles 09:00 - 21:00
Jueves 09:00 - 21:00
Viernes 09:00 - 21:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Biblioteca Intercentros de Lugo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Biblioteca Intercentros de Lugo:

Compartir

Categoría

Servicios Gubernamentales cercanos