30/10/2026
Novidade na Biblioteca do Grilo - Cacheiras! 📚✨
Xa está instalado e operativo o novo buzón de devolucións no exterior das nosas instalacións. Con este novo servizo xa non terás que preocuparte polo horario de apertura para devolver os teus préstamos:
⏰ Dispoñible as 24 horas: Podes entregar os teus libros, revistas e material multimedia calquera día e a calquera hora fora do horario de apertura
📖 Fácil e seguro: Abre a comporta coa asa, deposita o exemplar en horizontal dentro da bandexa e pecha para que caia ao depósito interior protexido.
📅 Xestión do préstamo: A devolución faise efectiva na túa conta de usuario o seguinte día hábil de apertura.
Achégate a probalo e bótalle un ollo ao cartel coas instrucións paso a paso que atoparás xunto ao buzón. Seguimos mellorando os servizos municipais para facer a lectura máis accesible a toda a veciñanza! 💙