Boiro Novo

Boiro Novo Páxina da asemblea cidadá Boiro Novo.

✅ No pleno do pasado xoves foi aprobada por unanimidade a nosa moción para aumentar os puntos de recollida de reciclaxe ...
29/03/2026

✅ No pleno do pasado xoves foi aprobada por unanimidade a nosa moción para aumentar os puntos de recollida de reciclaxe nos núcleos do rural do noso concello.
👉 Seguimos levando propostas útiles para a veciñanza de Boiro onde queira que esta resida.

O Concello de Boiro celebrou este xoves día 26 o pleno ordinario local correspondente ao mes de marzo que contou coa totalidade de membros da Corporación. Como de costume, a sesión pode verse íntegra a través da canle de YouTube. Saldouse cun acordo importante dende o punto de vista ambiental: ...

Neste 8 de marzo, fronte a quen nos quere levar de volta a tempos pasados, seguimos berrando alto e claro:𝐍𝐈𝐍 𝐔𝐍 𝐏𝐀𝐒𝐎 𝐀𝐓...
08/03/2026

Neste 8 de marzo, fronte a quen nos quere levar de volta a tempos pasados, seguimos berrando alto e claro:
𝐍𝐈𝐍 𝐔𝐍 𝐏𝐀𝐒𝐎 𝐀𝐓𝐑𝐀́𝐒 𝐍𝐎𝐒 𝐃𝐄𝐑𝐄𝐈𝐓𝐎𝐒 𝐃𝐀 𝐌𝐔𝐋𝐋𝐄𝐑!

#8𝑀 #𝐷𝑖́𝑎_𝑑𝑎_𝑚𝑢𝑙𝑙𝑒𝑟_𝑡𝑟𝑎𝑏𝑎𝑙𝑙𝑎𝑑𝑜𝑟𝑎

01/02/2026

𝐎𝐮𝐭𝐫𝐨 𝐩𝐥𝐚𝐧 𝐝𝐞 𝐨𝐛𝐫𝐚𝐬... 𝐬𝐞𝐧 𝐨𝐛𝐫𝐚𝐬.

Máis de un millón de euros sen saber a onde van a ir. Poden ser para meter aínda máis na Casa da Cultura, se cadra renovan os móbiles do goberno como fixeron en 2023, ao mellor gástano en pintura ou quizais en talar máis árbores. Non o sabemos. Na documentación onde xustifican o gasto mandan unicamente unha táboa, medio baleira ademais, na que non se especifica absolutamente nada.

Dende logo a falta de transparencia impera neste goberno do PSOE. Os cartos dos veciños debéranse tratar con máis respecto.

👉 Na pasada lexislatura calquera obra na que Boiro Novo tivese responsabilidade fíxose respectando o entorno. 🌳Nunca cor...
22/01/2026

👉 Na pasada lexislatura calquera obra na que Boiro Novo tivese responsabilidade fíxose respectando o entorno.

🌳Nunca cortamos, sempre eliximos transplantar.

🪵 En cambio o PSOE vai de arboricidio en arboricidio. Outro despropósito máis a engadir toda esta obra faraónica da Cachada.

A agrupación Boiro Novo, a través seu concelleiro Xurxo Triñanes, emitiu un comunicado no que denuncia a tala de árbores perpetrada no parque da Cachada, coincidindo coa remodelación do edificio da Casa da Cultura. "Este mércores volvemos ser testemuñas dun novo atentado contra o patrimonio p...

31/12/2025

🥂 Dende a nosa asemblea queremos desexarvos un feliz e próspero ano 2026! 🎉🎊

15/12/2025

A agrupación Boiro Novo presenta para ser debatida en pleno unha moción destinada, en palabras do grupo, "a evitar que se volvan dar casos de factura da auga infladas". Boiro Novo di que o Goberno local "é o principal responsábel destes cobros debido ao encadeamento de consumos mínimos estimado...

Todo o noso apoio a iniciativas que fomenten a inclusión coma o acto de mañá impulsado polo instituto de Espiñeira no qu...
03/12/2025

Todo o noso apoio a iniciativas que fomenten a inclusión coma o acto de mañá impulsado polo instituto de Espiñeira no que a activista dominicana e defensora dos dereitos humanos LGBTIQ+, Rosanna Marzán, debaterá co alumnado deste centro nunha xira organizada por Amnistía Internacional Galicia.

En Boiro será un acto dirixido ao alumnado do instituto, mais poderase asistir en aberto en localidades veciñas como Vilagarcía, ou hoxe mesmo na Pobra ás 19:30h.

A activista LGTBIQ+ Rosanna Marzán Dende Amnistía Internacional Galicia veñen de organizar a xira de Rosanna Marzán, defensora dos Dereitos Humanos dominicana. Deste xeito, Rosanna visitará varias cidades e vilas galegas a comezos do mes de decembro, coincidindo coa celebración do Día Interna...

Onte, como cada ano por estas datas, celebrouse o día da Bicicleta en Boiro. Queremos recordarlle ao PSOE que cando Boir...
03/11/2025

Onte, como cada ano por estas datas, celebrouse o día da Bicicleta en Boiro. Queremos recordarlle ao PSOE que cando Boiro Novo estaba no goberno, traíase a este día os deberes feitos aumentando os tramos de carril bici e presentando proxectos para a súa ampliación. Hoxe eses proxectos seguen estando no caixón por culpa dun goberno máis preocupado por posar e sair ben na foto para vender fume que en obras para Boiro.

Unha vez máis outro ataque á dignidade das vítimas da dictadura. Xa sucedera na pasada lexislatura nos paneis que instal...
26/10/2025

Unha vez máis outro ataque á dignidade das vítimas da dictadura. Xa sucedera na pasada lexislatura nos paneis que instalamos na Praza da Memoria e na placa da fonte de Goiáns. E agora de novo, no Cabo da Cruz, menos dun mes despois de que, por iniciativa da asociación A Gamela Cabo da Cruz se instalase un monumento ás vítimas do franquismo na parroquia. A nosa firme condena a estes actos daqueles "imbéciles e escuros" que o único que conseguen é darlle a razon aos que traballan pola restauración da memoria das vítimas.

El monolito había sido colocado hace menos de un mes

Dirección

Boiro

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 23:00
Martes 08:00 - 23:00
Miércoles 08:00 - 23:00
Jueves 08:00 - 23:00
Viernes 08:00 - 23:00
Sábado 09:00 - 23:00
Domingo 09:00 - 23:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Boiro Novo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Boiro Novo:

Compartir