22/03/2026
Como portavoz de Podemos Lugo e número dous da candidatura municipalista á que fai referencia esta información, quero expresar publicamente o noso malestar por unha práctica que, por desgraza, non é nova.
Unha vez máis, publícase un artigo sobre un espazo político do que formamos parte sen que ninguén se puxese en contacto con nós para recoller a nosa posición.
Desde Podemos Lugo levamos tempo enviando notas de prensa, propostas e posicionamentos que apenas teñen cabida en determinados medios. E, sen embargo, neste mesmo artigo dáselle voz a outras forzas políticas sen representación no Concello —como Vox— mentres se nos exclúe.
A falta de representación institucional non pode ser unha escusa cando se aplica de maneira selectiva.
Isto non é casual. É unha forma de construír relato que invisibiliza a determinadas forzas políticas e empobrece o debate público na nosa cidade.
Podemos Lugo ten proxecto, traballo e propostas para Lugo, e non imos aceptar quedar fóra da conversa.
Seguiremos defendendo un municipalismo valente, plural e democrático. Tamén na esixencia dun trato xusto por parte dos medios de comunicación.
Ximena Cheda
Portavoz de Podemos Lugo
PP, PSOE e BNG miran de esguello as potenciais candidaturas coas que terán que competir polas 27 cadeiras do Concello de Lugo