09/06/2026
Coa lectura de Un viejo que leía novelas de amor, de Luis Sepúlveda, pechamos a tempada do club de lectura. A novela, ambientada na Amazonía ecuatoriana, levounos a reflexionar sobre a relación entre o ser humano e a natureza, a colonización, a sabedoría adquirida coa experiencia e a importancia do respecto polo medio.
Nesta última sesión tamén fixemos balance das lecturas do ano e escollemos a favorita do grupo, que resultou ser La flor púrpura, de Chimamanda Ngozi Adichie (). Non faltaron os doces, as risas, os recordos compartidos e as ganas de volver atoparnos na próxima tempada. 📚🍰✨
E unha vez máis, grazas Marta () pola túa dedicación, creatividade e ilusión que fixeron de cada encontro unha experiencia única! ✨📖